3º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada:
Aquí vos deixo o 3º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO, esta vez queremos celebrar o día do libro que é o vindeiro xoves día 23 e para isto queremos que nos mandedes un audio, en galego contando un pequeno conto sobre a posible cura contra o coronavirus. E despois publicarémolos na radio. 
Estou seguro que estades desexando voltar a escoitar os programas e andamos argallando para que así sexa no menor tempo posible, así axudádenos e mandádenos os audios!!
Animádevos a participar!!
Saúdos, Castañón !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario