SAMAÍN E MAGOSTO

Boas rapazada:
Como xa sabedes onte celebramos na nosa escola un dos días máis terroríficos do ano, e esta vez por partida dobre, por unha banda enchemos a escola de mortos vivintes, de bruxas, pantasmas... e por outra eu pasei un medo terrible porque había un señor no patio recollendo castañas e botándoas nun tren, menos mal que estiven ben agochadiño e sobrevivín un ano máis ao magosto.

Aquí vos deixo o vídeo resumo da xornada para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos.



Nesta xornada sempre temos unha actividade que xa é tradición na nosa escola que son os APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS, NOS QUE LEVAMOS A CABO LECTURAS ÁS ESCURAS, e para que poidades gozar da actividades deixámosvos aquí unhas fotiños:














Ningún comentario:

Publicar un comentario