25 Novembro

Boas rapazada:
Como xa sabedes onte foi o Día 25 de novembro, que é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e na nosa escola celebrámolo con dúas actividades.
Por una banda visualizamos un video do CEIP de Fonte Escura de Vigo onde realizaron a súa interpretación da canción  da "Porta Violeta" de Rozalén, e posteriormente visualizamos a curta realizada polo alumnado do centro  fai un par de cursos ao abeiro do P.D.I. do Cine, baseado no conto de Artur e Clementina de Adela Turín. 
E posteriormente despois de que o alumnado reflexionase na aulas sobre o visto  na biblio elaboramos a nosa Porta Violeta no centro en contra da Violencia de Xénero.
Aquí vos deixo o resultado!!






-





AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN, E QUE TODOS OS DÍAS SEXAN 25 DE NOVEMBRO.
SAÚDOS, CASTAÑÓN 

1 comentario: