PRESENTACIÓN DO P.D.I.

Boas rapazada:
Como xa sabedes este ano o noso P.D.I. versa sobre os Xogos Olímpicos e hoxe, mércores día 2 de outubro, tivemos unha xuntanza na biblioteca para ver un vídeo, sobre a historia e a orixe destes xogos, na antiga Grecia.
A intención ao poñervos este video é que comecedes a investigar e a cavilar sobre a temática deste ano, psoto que xa está en marcha o VI CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, e o vindeiro día 24 de outubro,Día das Bibliotecas Escolares, e do meu sexto aniversario, daremos a coñecer aos gañadores .

Xa sabedes poñedevos máns á obra e a traballar !!!
Saúdos, Castañón!!!



















En breves subiremos o vídeo que se puxo para a presentación do P.D.I. ao noso alumnado.
E xa sabedes ...para calquera cousiña, Castañón sempre a vosa disposición!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario