Boas rapazada:
Como xa sabedes o día 24 de outubro é unha data moi especial na nosa escola, posto que celebramos dúas cousiñas, por unha banda o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e, por outra, o meu aniversario, que nesta ocasión xa cumplo 6 aniños con vosco.
Coma cada curso, para celebrar o día das bibliotecas e para arrancar o noso P.D.I. facemos un Concurso de ambientación de portas, e neste ocasión a temática foron Os Xogos Olímpicos.
Para coñecer aos gañadores fixemos unha votación segreda, onde tivemos unha mesa electoral, co seu correspondente censo, as papeletas e por suposto o reconto final.
Aquí vos deixo as fotos das portas deste curso, e de seguido o proceso de votación e o reconto das mesmas:
ALUMNADO DE 5º E 6º DE E.P.
ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P.
ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS.
ALUMNADO DE 3º DE E.P.
ALUMNADO DE 4º DE E.P.
ALUMNADO DE 5 ANOS.
Despois de ver as portas, aquí vos deixo o proceso de votación e o resultado. Parabéns a todos os participantes!!!
E o resultado quedou da seguinte maneira:
1º Clasificado: 5º e 6º de primaria con 17 votos
2º Clasificado: 3 e 4 anos con 12 votos.
3º Clasificado : 1º e 2º de primaria.
4º Clasificado: 4º de primaria.
5º Clasificado: Alumnado de 3º de E.P. e o de 5 anos con 7 votos.
En total emitíronse 62 votos no día de hoxe.
PARABÉNS A TODOS RAPAZADA!!!!!
E unha vez feito esto debo agradecer coma sempre o agarimo que recibo da vosa parte e estou encantado cos vosos agasallos. Aquí vos deixo as fotiños dos meus regaliños, para que vexades o afortunado que son de vivir en bibliocarballedo.
GRAZAS RAPAZADA POR TANTO AGARIMO E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSIÑA... CASTAÑÓN SEMPRE A VOSA DISPOSICIÓN !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario