XOGOS STEM OU STEAM

Ola rapazada:
Hoxe estreamos na nosa biblioteca un xogo novo de robótica para o alumnado de infantil, é un rato que ten que acadar un anaco de queixo elaborando diferentes percorridos e estimulando así a lateralidade e a orientación espacial. Este é un xoguete STEAM. Pero...

QUE É UN XOGUETE STEM OU STEAM?
Son xoguetes educativos que axudan aos rapaces a desarrollarse nas catro grandes disciplinas educativas CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENERIA, MATEMÁTICAS E ARTE.
Con estes xoguetes buscamos estimular a creatividade e a capacidad para a resolución de retos e de problemas, en resumo son unha evolución dos xoguetes educativos de sempre.

E polo de agora parece  que acertamos coa nova incorporación xa que a miña rapazada fica para o xogo  abraiada.








Saúdos Castañón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario