PEGATINAS IDENTIFICATIVAS

OLA RAPAZADA:
Como xa sabedes hoxe na nosa escola apareceron unhas pegadas no chan que saen dende a biblioteca e que van ata a Cast@_radio coa intención de unir ambos espazos. O alumnado de 1º e 2º pasouno estupendamente saltando de pegada en pegada!
Ademais disto, apareceron outras pegatinas identificativas dos espazos e dos proxectos nos que participamos dende a biblio. Cómpre sinalar que neste intre estamos a artellar como facer o Espazo Cast@_maker, e á volta das vacacións de Semana Santa xa será unha realidade e subiremos ás fotografías. 
Polo momento aquí vos deixamos as fotos desta mañá.





Ningún comentario:

Publicar un comentario