PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI

Ola rapaciños e rapaciñas!
Hoxe estou aquí para informarvos de que xa está colgado na lapela das CASTANOVAS toda a información do que ímos facer este ano pola semana do Día do Libro na nosa escola.
 Decidímos que íamos facer unha semana enteira de celebración! Posto que cada curso vai facer unha historia para contar ao resto do alumnado no Kamishibai, durante as horas de ler desa semana. Agás o venres que ímos ter os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que consisten, como xa sabedes, en que o alumnado maior vaille ler ao alumnado máis pequerrecho da escola, é unha actividade que xa levamos a cabo o ano pasado e que como tivo tanto éxito ímola repetir!
 Ademais disto e como colofón para esta semana grandiosa ímos ter a actuación de PAVÍS-PAVÓS, na biblio financiada pola ANPA.

Xa me tarda que sexa esta semaniña... para levar a cabo todas estas actividades e para ver como desfrutades todos e cada un de vós do pracer de ler e contar historias para o resto dos compañeiros/as do cole!


E xa sabedes... para calquera cousiña... Castañón sempre á vosa disposición ! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario