Ola rapaciños!
Hoxe deixovos aquí un enlace ao vídeo do cientifico de León Torre, que fixo un traballo moi fermoso coa Mochila Viaxeira,
Grazas por este fermoso traballo familia!
PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- POLOS CREATIVOS
- CLUB DE CIENCIA
PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI
Aquí vos deixo actuación do alumnado de infantil, inaugurando a semana do Kamishibai!
Agardo que vos guste! Saúdos, Castañón!
PROGRAMA DA PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI
Rapaciños e rapaciñas aquí vós deixo o programa da primeira semana do Kamishibai en bibliocarballedo.
Agardo que vós guste ! Saúdos Castañón!
PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI
Ola rapaciños e rapaciñas!
Hoxe estou aquí para informarvos de que xa está colgado na lapela das CASTANOVAS toda a información do que ímos facer este ano pola semana do Día do Libro na nosa escola.
Decidímos que íamos facer unha semana enteira de celebración! Posto que cada curso vai facer unha historia para contar ao resto do alumnado no Kamishibai, durante as horas de ler desa semana. Agás o venres que ímos ter os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que consisten, como xa sabedes, en que o alumnado maior vaille ler ao alumnado máis pequerrecho da escola, é unha actividade que xa levamos a cabo o ano pasado e que como tivo tanto éxito ímola repetir!
Ademais disto e como colofón para esta semana grandiosa ímos ter a actuación de PAVÍS-PAVÓS, na biblio financiada pola ANPA.
Xa me tarda que sexa esta semaniña... para levar a cabo todas estas actividades e para ver como desfrutades todos e cada un de vós do pracer de ler e contar historias para o resto dos compañeiros/as do cole!
E xa sabedes... para calquera cousiña... Castañón sempre á vosa disposición !
CARMEN DOMECH
Ola rapaciños e rapaciñas!
O pasado xoves tivemos a sorte de contar con Carmen Domech na nosa biblioteca, grazas ao Concello de Cotobade e a colaboración coa biblioteca municipal do mesmo. Desfrutamos moito da visita e para que o comprobedes vós mesmos deixovos as fotos da visita. Grazas aos que fixestedes posible esta experiencia para os nosos nenos e nenas!
O pasado xoves tivemos a sorte de contar con Carmen Domech na nosa biblioteca, grazas ao Concello de Cotobade e a colaboración coa biblioteca municipal do mesmo. Desfrutamos moito da visita e para que o comprobedes vós mesmos deixovos as fotos da visita. Grazas aos que fixestedes posible esta experiencia para os nosos nenos e nenas!
| GRAZAS POLA VISITA E ATA CANDO QUEIRAS CARMEN! |
APADRIÑAMENTO DAS NOSAS ÁRBORES
Ola rapaciños:
SAÚDOS, CASTAÑÓN!
Hoxe estou moi ledo porque vos traio moitas fotos do apadriñamentos das árbores do noso patio. Comos xa sabedes cada curso fixo unha investigación sobre unha delas e despois puxémolles un nome cariñoso aos nosos apadriñados. Aquí vós deixo as fotos do momento do apadriñamento. Agardo que vos gusten tanto coma a min...
![]() |
| 5º |
![]() |
| 3 ANOS |
| 4º |
| 5 ANOS |
| 3º |
| 2º |
1º |
| 6º |
| 4 ANOS DE SEGUIDO DEIXOVOS UNHAS IMAXES DA CELEBRACIÓN DOS APADRIÑAMENTOS. AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN: |
AS ÁRBORES DO NOSO PATIO
Boas rapaciños e rapaciñas:
Hoxe estou moi ledo porque xa entregastedes os vosos traballiños para a nosa exposición "As árbores do noso patio". Aqui van as fotos para amosavos as fotos para que vexades o resultado de tan grande investigación!
Grazas rapaces por participar sempre nas miñas misións.
Saúdos
Castañón!
Hoxe estou moi ledo porque xa entregastedes os vosos traballiños para a nosa exposición "As árbores do noso patio". Aqui van as fotos para amosavos as fotos para que vexades o resultado de tan grande investigación!
Grazas rapaces por participar sempre nas miñas misións.
Saúdos
Castañón!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpg)
.jpg)


.jpg)



