Visita de Elena Casal polo 8M

 BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
A pasada semana con motivo do 8M tivemos a sorte de que nos visitara Elena Casal, unha árbitra galega.

Elena Casal, unha árbitra do fútbol profesional, veu a noso cole debido ao 8M a falarnos do seu traballo, pois aínda a día de hoxe, a súa profesión está representada na súa maioría por homes. 

Ela non só nos explicou que ten que facer para poder traballar disto, senón que tamén nos contou as diferenzas que aínda teñen homes e mulleres neste campo profesional.

Despois dunha pequena charla pola súa parte, a rapazada de 1º a 6º tivo a oportunidade de facerlle diferentes preguntas relacionadas co mundo da arbitraxe: cantas horas entrena ao día, se tivo que estudar moito, que partido lle custou máis arbitrar....e moitas máis!

Ademais, fumos uns afortunados pois Elena trouxo algúns agasallos para sortear entre o alumnado e dedicou firmas a quenes quixeran. 


MOITAS GRAZAS POR TODO ELENA!

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario