Dia das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego.

 OLA RAPAZADA!

Como xa sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e o homenaxeado este ano é, nin máis nin menos que Francisco Fernández del Riego!

Para festexar este día repetimos a actividade realizada o ano pasado grazas a Polo correo do vento, quenes levan a cabo unha dinámica máis que divertida para coñecer de primeira man a este autor.

Comezamos a mañá camiñando ata o edificio de Antón Fraguas que temos moi pretiño do noso cole e alí, a través dun contacontos e empregando a linguaxe oral, a música e o debuxo, ensináronnos todo sobre a súa vida. 

Despois, a rapazada fixo unha caricatura de Francisco cunhas pequenas indicacións.... e quedáronlle increíbles!


Apertas,

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario