Actividades para a dinamización da biblioteca: marzo

 Ola rapazada!

Coma sempre, aquí vos deixo as actividades realizadas dende a nosa biblioteca durante o mes de marzo.


Este mes estivo cargadiño de actividades e todas elas moi diferentes. Algunhas delas estiveron enfocadas as construcións con legos, a creación de máquinas simples ou incluso tivemos un obradoiro de iniciación á robótica co robot true true.
Tamén decoramos a biblioteca e a entrada do cole con motivo da chegada da primavera: flores, bolboretas, debuxos nas ventás... non cabe dúbida de que esta é unha das estacións preferidas da nosa rapazada.

E como non podía ser doutra maneira, tamén tivemos a oportunidade de bailar e desfrutar con diferentes xogos de mesa.


Unha aperta, 

Castañón





Ningún comentario:

Publicar un comentario