CAST@RADIO. PROGRAMA 1 "Benvid@s un curso máis á cast@radio!"

 Boíísimos días cast@oíntes!


Chegou o día que tanto agardarades, chegou... A APERTURA DA CAST@RADIO neste curso 2021/2022.

Estades listos?? Preséntovos as novas seccións!

1º e 2º atrévese cunha divertidísima sección na que debaterá o significado de palabras e frases en galego. No programa de hoxe fálannos do Peido do lobo, que será iso?

3º e 4º retoma unha sección que lles gustaba un montón e non querían que se quedara perdida. Esta chámase: "A cast@radio escóitate" Neste programa felicitánnos os aniversarios de setembro e outubro e tráennos a axenda da biblio.

O grupo de 5º achega o seu "Refraneiro popular", que aprenderemos hoxe con eles? Tamén presenta a sección "Buscando a Castañón". A donde viaxiaría hoxe a nosa mascota?? A ver se o adiviñades!

6º Os maiores do cole son moi cotillas e queren seguir coñecendo como eran os peques de pequenos... A quen nos traerán hoxe? 


Castañón nesta ocasión viaxa a...

Aquí tedes a foto do profe misterios@. Adiviñaredes antes ca rapazada de quen se trata?




Ata a próxima!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario