OLA RAPAZADA:
Como vai todo? Hoxe deixovos aquí as fotos dos retos da cociña creativa que fomos recibindo estamos á espera dos vídeos dos trabalingüas que son o reto desta semana.
Cómpre sinalar que estes pratos que ides ver deseguido son verdadeiras obras de arte. Moitas grazas a todos por participar!!!!
É importante dicir que neste caso non temos gañadores que todos os que participastedes neste reto teredes, si é que podemos voltar ao cole, un detalliño agardando por vós.
Aquí temos a Aldara e Laia de 5 anos que están a facer unhas merendas divertivas con varias froitas.
De seguido temos a merenda de Álex e Adrián unhas serpes de medo!!!
A torta de Paula e de Breixo Salatti que nos ensinan a súa sobremesa para celebrar o día da nai:
Aquí temos a obra de arte de André Regadas :
E rematamos cunha nova sobremesa de Aldara e Laia que compartiron connosco a súa torta de aniversario.
Saúdos, Castañón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario