DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR

Ola rapazada!
Como vai todo? Como xa sabedes hoxe é o día 30 de xaneiro e é unha data moi especial posto que é o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR, e coma cada ano, celebrámolo na nosa escola. 
Nesta ocasión levamos a cabo varias actividades, a primeira foi decorar uns pratos de cartón co símbolo da Paz, formando agrupamentos flexibles, nos cales mesturamos a todo o alumnado dende 3 anos ata 6º de primaria, a decoración tiña por unha banda unha parte plástica,e por outra unha parte máis literaria na que había que buscar verbas relacionadas coa Paz, e unha vez rematada esta actividade cantamos todos xuntos unha mestura de cancións que nos preparou a profe de música e que gravamos para o noso programa de hoxe da Cast@radio. Quedounos pendente por mor da climatoloxía pegar os pratos fóra, pero en canto rematemos esta parte da actividade subiremos as fotografías. 
Para ir abrindo boca deixovos as fotos das actividades realizadas no día de hoxe.


























DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR, 30 DE XANEIRO DO 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario