Como xa sabedes este ano por fin de curso levamos a cabo unha xornada de+ portas abertas para as familias.
O primeiro que fixemos foi transformar a nosa escola nun museo ao que denominamos o CASTAMUSEO DA CUQUEIRA, en honra a nosa mascota e ao lugar onde está ubicada a nosa escola, para esto dividimos o centro en 5 espazos que se corresponderon con outras tantas salas, unha por cada unha das artes que traballamos ao longo do curso.
Así tivemos unha sala adicada á PINTURA, outra a ESCULTURA,a ARQUITECTURA, unha as ARTES ESCÉNICAS onde traballamos a danza, a música e o teatro, e a derradeira á LITERATURA.
Unha vez ubicados os espazos cómpre explicar a organización desta xornada.
Como en todo museo que se precie tivemos uns asistentes que esperaron na porta aos visitantes do museo e os acompañaron ao longo da súa visita. Fixemos dúas quendas, por unha banda visitaron o museo o noso alumnado e por outra as familias que as dividimos do seguinte xeito, familias do alumnado de infantil, de 1º e 2º, de 3º e 4º e o derradeiro grupo o das familias de 5º e 6º.
Unha vez repartidos os asistentes comezaron as visitas e en cada sala atopamos tres persoas, dous guías que eran o alumnado de 5º e 6º, e un xefe de sala que foi un mestre.
Os asistentes visitaron o museo por quendas e tiveron un tempo para facer preguntas e ao remate da visita deixamos un tempo libre para que cada quen fose a sala que máis lle gustara ou que lle quedaran cousas por ver, ademais de poder visitar a nosa Cast@radio.
Unha vez rematada esta visita fixemos dúas actividades máis, a primeira unha actuación musical do noso alumnado e por último pasamos á sala de proxeccións ( o noso ximnasio) onde puxemos un vídeo resumo do proxecto deste curso.
Aquí vos deixo unhas fotiños do castamuseo e o vídeo resumo do P.D.I. deste curso.Agardo que vos guste tanto coma a min.
FOTOS :
FOTOS :
Ningún comentario:
Publicar un comentario