OS MANDATOS DE GUSMALOTE

Ola, ola!!!
Que tal rapaciños de Carballedo? Estarédesvos a preguntar quen son. Pois ben, chámome Gusmalote, e son un verme moi moi fedelleiro, levo moito tempo agachado no patio da escola observando o ben que o pasades na escola co voso amiguiño Castañón, que facedes unha morea de traballiños, que lle facedes agasallos polo seu aniversario, que ides velo a biblioteca… Xa estou farto,de ver isto! Rematou aquí!!
Dende hoxe eu son a vosa nova mascota!!! Castañón xa é historia para  todos vós.
Aqui vos deixo a miña fotiño para que me vaiades coñecendo.
Estaredes preguntándovos que foi del. Pois ben para comezar con bo pé convosco, vóuvolo contar. Entrei ás agachadas, onte pola tarde na biblio, e alí estaba el sentadiño na súa cadeira coas pernas cruzadas e agardando a que fose de día para estar convosco, e... coa axuda dos meus axudantes SECUESTRÁMOLO.Si, si, léstedes ben, secuestramos a Castañón! E para que o vexades cos vosos propios ollos mándovos unha fotiño que lle acabamos de sacar…


Imaxino que algún de vos estará pensando que quere recuperar a Castañón, non si? Queredes que volva?
Pois vouvos propor un reto para a vindeira semana, se TODOS cumprides as miñas ordes non haberá problema e... recuperará o seu sitio e seguirá sendo a vosa mascotiña e se, pola contra, non cumprides...CASTAÑÓN será historia e eu quedarei no seu lugar. Parecevos ben?

Estade atentos e atentas ao taboleiro da entrada, xa que cada día ireivos deixando un encargo, que debedes cumprir grandes e pequenos
DEICA OUTRA
APERTAS

GUSMALOTE!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario