Boas rapazada;
Hoxe estou aquí para contarvos como celebramos o Nadal na nosa escola. O primeiro, como xa sabedes é que cada ano relacionamos as celebracións de obrigado cumprimento coa temática do noso P.D.I. do curso que este ano é a ARTE. O primeiro que fixemos foi un traballo de investigación nas aulas sobre os diferentes tipos de arte que imos traballar ao longo do curso.De seguido elaboramos un código de cores onde se representa cada unha delas, tal é como se pode ver na seguinte fotografía.
Despois en cada aula buscamos artistas e as súas obras características de cada un deles e posteriormente seleccionamos a información e plasmámola graficamente en varias árbores de Nadal.
Ademais deste traballiño, celebramos o remate do trimestre visualizando dúas películas, xa que o cine é considerada unha arte. Por unha banda o alumnado de infantil e 1º de primaria visualizaron "Nico O reno" e o alumnado de 2º ata 6º viron "Ballerina".
Unha vez finalizada a visualización das películas, tivo lugar unha festa de Nadal no comedor da escola, onde mestres e alumnado compartiron un xantar, e tempo de troula.
Deixovos aquú un vídeo resumo da celebración do Nadal no noso colexio.
Agardo que vos guste tanto coma a min, saúdos Castañón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario