DÍA DA PALABRA

Ola rapaciños e rapaciñas!

Est vez escribovos para enviarvos unha misión, queredes participar?

O vindeiro día 23 de novembro é o Día da Palabra, e nós imos celebralo, en colaboración coa bibliotecaria de Carballedo, ao día seguinte na escola.

A misión consiste en investigar sobre o bosque, atopando moreas de palabras relacionadas co mesmo. Cada grupo terá que escribir nunha folla que vós entregarei nas vosas aulas, unha palabra cun rotulador e unha vez escrita, terá que pasarlle por riba unha cera deitada cunha cor do outono.

A temática sobre a que tedes que buscar as palabras é a seguinte:

  • 3 anos: personaxes de contos.
  • 4 e 5 anos: animais do bosque.
  • 1º : nomes de arbustos.
  • 2º: nomes de cogomelos.
  • 3º/4ºfroitos do bosque.
  • 5º: nomes de árbores.
  • 6º: elementos naturais do bosque.
Isto ten que estar preparado para o vindeiro luns antes da hora de ler, posto que os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º está a traballar cun libro chamado "O monstro das palabras" e vanllo ir contar ao resto dos compañeiros, nesa hora.

O reparto será do seguinte xeito: 3 anos recibirá a 6º, 4 e 5 anos recibirán a 5º, 1º a 4º e 2º a 3º.
Unha vez rematada esa sesión pasarase polas aulas,para que , por quendas, os alumnos  peguen as súas follas, nunha árbore que faremos entre todos no corredor da escola.
Animádesvos a participar? Saúdiños Castañón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario