APETECEVOS XOGAR COMIGO?

BOAS RAPACIÑAS/OS!
Esta semana vouvos propor un xogo. Apetécevos xogar comigo?
Estes días que xa comeza a facer frío andiven polos recantos da escola a facer trasnadas e deixeivos unhas folliñas das árbores do noso patio agochadas por toda a escola. Todas elas teñen unha marca de cores, polo tanto non serve a folla que non teña marca. O xogo consiste en ... buscalas, atopalas e clasificalas!
Como e cando as ides buscar?
Moi sinxelo, durante a hora de lerdo mércores e xoves buscaredes as follas emparellándovos do seguinte xeito:
                        Os rapaces de 6º formarán parellas cos de 3 anos.
                        Os de 5º cos de 4/5 anos.
                        Os de 3º cos de 1º.
                        E os de 4º cos de 2º.
Unha vez que xa non quede agochada ningunha folla pola escola, levaredes as follas ás vosas aulas 
 ( repartides as que atopades, unha para cada membro da parella) e alí teredes que facer o seguinte:
  • Infantil: falar da forma que teñen as follas, da cor, do tamaño...
  • Primeiro ciclo: Clasificar e facer cunha copia das mesmas en papel un mural.
  • Segundo ciclo: resolver   unhas adiviñas para identificar cada folla con cada unha das especies selecionadas do patio.
  • Terceiro ciclo: coas follas que recolecten terán que facer un herbario cumprimentando unha folla modelo que vos aporto eu.
Este é o xogo, estas son as normas, agora dicídeme  animadesvos a xogar comigo?

Saúdos Castañón!




Ningún comentario:

Publicar un comentario