CHEGOU O NADAL!

Rapaces hoxe estou moi ledo, CHEGOU O NADAL A CARBALLEDO, o colexio está decorado, soan panxoliñas constantemente, e eu estou encantado! 
Xa sabía eu que os meus amigos do colexio non me ían deixar pasar o Nadal, soíño e xa me fixeron ao meu compañeiro de aventuras. É un boneco de neve precioso!!
Ademais as nenas e nenos de infantil, fixeron unha árbore de Nadal, no que eu son o protagonista! Que orgulloso estou dos meus PICARÍÑOS!
Ufff! case me esquezo, polos corredores de 1º e 2º hai moito ambiente de Nadal, teñen unha árbore, unhas girnaldas e a porta da aula de inglés está cheíña de folerpas de neve. E se seguímos dando unha voltiña pola escola atopamos a árbore dos maiores, campaíñas, e ,coma cada ano, montouse o nacemento na entrada.
Xa sabedes que a min gústame máis deixarvos unhas imaxes, pero como sei que ides vir todos e todas pola escola, esta vez non volo ensinarei todo, para que poidades opinar vos mesmos jajjajaj. Aínda así ahí vai un adiantiño.


















FIXÉSTEDESVOS UNHA IDEA? 
SAÚDOS CASTAÑÓN!

3 comentarios: