Uff! que medo pasei o xoves día 11 de novembro!, resulta que apareceu na miña escola un... "CASTAÑEIRO" con moreas de castañas, todo o alumnado estaba moi ledo, participando nos xogos e deleitándose con tan preciado manxar.
Menos mal que ninguén se decatou de que quedaba eu na biblioteca...mirei pola fiestra e cando marchou o castañeiro xa puiden respirar tranquilo.
RAPACES SOBREVIVÍN AO MAGOSTO!! pero ... isto avisase eh!! xa me vía dentro do tren!!!
DEICA OUTRA! CASTAÑÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario