Reto da biblio: Abril

 Boas rapazada!


O reto do pasado mes de abril deixaba que a vosa imaxinación voase creando historias coa mesa de luz... E vaia historias creastes!


Por unha banda Mahoui atrapa a un xigante co seu anzol e encérrao nunha cova. 

Noutra aula Guisantín apaga o lume da súa casa e coñece a Guisantina coa que comparte un rico churrasco.






Está claro que estas mentes da cativada de Carballedo discurre moito.

Por suposto... RETO SUPERADO!

Veña, que xa só queda o reto do mes de maio.


Lectura e familias

BOAS A TODOS E TODAS!

Este ano, como xa saberedes, o noso centro sumerxiuse nun novo programa: Lectura e familias.

Xornadas de convivencia deportiva

 OLA RAPAZADA!

Outro ano máis o alumnado de 3º a 6º de primaria tivo a sorte de participar nos encontros deportivos con outros centros da contorna.

Practicamos un novo deporte: o golf

 BOAS RAPAZADA!
Onte o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis en profundidade e incluso practicar un deporte pouco coñecido para eles: o golf.

Reto da biblio: Marzo

 Seguimos superando retos!

Desta vez equipamos un exército de Amazonas, heroínas loitadoras e defensoras da xustiza.

Utilizamos os lapis 3D para crear as súas lanzas, cascos, botas e demais equipación.

Xa están preparadas para loitar contra os malvados.










Noraboa rapazada!!

Expoñemos o investigado no 2º trimestre sobre os superheroes!

BO DÍA RAPAZADA

Xa estamos de cheo no terceiro e último trimestre do curso polo que toca ver que aprendeu o noso alumnado na segunda avaliacion sobre os heroes mitolóxicos.

  • Alumnado de educación infantil     
  • Alumnado de 1º e 2º EP
  • Alumnado de 3º e 4º EP
  • Alumnado de 5º e 6º EP
Despois de visualizar a película, os/as protagonistas fixeron un pequeno coloquio onde compartiron con nós aqueles aspectos que máis lles gustaron así como as compliacións coas que se atoparon durante a gravación. Ademais, o público tamén tivo a oportunidade de facerlle preguntas.

Sen dúbida, estamos moi orgullosos do noso alumnado e de todo o seu traballo e esforzo.

Saúdos

Castañón