QUE NERVOS ACHEGASE A REAPERTURA DO MEU FOGAR!!

Ola rapaces, rapazas, nais, pais, irmáns, parentes do alumnado de Carballedo, hoxe estou moi moi nervoso, porque  levo traballando arreo dende que cheguei a esta escola en outubro, en remodelar a biblioteca nos anacos que ía tendo libres cando non estaba prestando libros, creando actividades ou escribindo no blogue e POR FIN ides poder contemplar o meu traballo e o dos meus axudantes a partir do luns.

 Os primeiros que o van ver serán os rapaciños de infantil e de primeiro de primaria que desfrutarán dun conto co grupo Pavís-Pavós, o martes tanto infantil coma primaria desfrutaran da actuación do mago Javier Muro e para rematar a semana e dar o espazo da biblioteca por reinaugurado os nenos dende segundo a sexto de primaria voltaran ao meu fogar para participar nun conto de Pavís- Pavós, esta actividade do contacontos esta financiada pola nosa ANPA e o mago polo centro.

Agardo que vos guste tanto coma a min o meu novo fogar e espero ler moreas de comentarios no blogue para saber a vosa opinión sobre a nobre a nova BIBLIOCARBALLEDO.

SAÚDOS E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!




APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe é o meu primeiro día do libro convosco, e para celebralo na nosa escola decidímos levar a cabo os apadriñamentos lectores.

 Os nenos do segundo ciclo, acudiron ás aulas de infantil e leronlles uns contos aos pequechiños, cada alumno "grande" líalle a dous ou tres " pequenos", un conto que eles mesmos truxeron das súas casas, e que escolleron por serén significativos para eles cando estaban nesta etapa.

 O alumnado do terceiro ciclo decidíu ler entre todos o libro "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure,ao alumnado do primeiro ciclo. Ían lendo por Parágrafos, fomentando así o gusto pola lectura e o traballo interciclos.

 Como sempre deixovos unhas fotiños, para que desfrutedes tanto coma a nós  celebrando o día do libro.













O alumnado de 1º e 2º escoitando moi atentos "Palabras de Caramelo"


















 FELIZ DÍA DO LIBRO ! 
 E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!


ACHEGASE O DÍA DO LIBRO

Mafalda, o personaxe de cómic creado polo arxentino Quino fai 50 anos, será o estandarte dos actos de celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor da Unesco, que se celebrará o próximo 23 de abril. Proclamado en 1995, o Día Mundial do Libro conmemorase cada ano o 23 de abril, data do falecemento de Cervantes e William Shakespeare. Tamén ese día comezará o mandato da cidade nixerana de Port Harcourt como capital Mundial do Libro por un ano, título que lle foi entregada pola Unesco, a Unión Internacional de Editores e pola Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.

Saúdos Castañón !

DÍA DA ÁRBORE 2014

O pasado venres día 21 foi o día da árbore, pero por motivos metereolóxicos aplazamos a celebración para o día de hoxe, mércores día 26 de marzo. Os rapaciños e rapaciñas da  escola, en colaboración coa Mancomunidade de montes de Cotobade,levaron a cabo unha plantación de diferentes especies de árbores, carballos, piñeiros, abeleiras, maceiras...pero antes tivemos unha pequena charla para informarnos do que íamos facer, e depois subironse ao autobús,e MANS Á OBRA!















Que ben o pasastedes eh? A próxima levádeme! 
Saúdos Castañón!

FAMILIA SUPERTRAMP

Fai uns días, tivemos a sorte de contar na nosa escola con Óscar Barreiro Ucha, ex-alumno do Centro, acompañado pola súa dona e seus dous fillos (A familia Supertramp), presentaron  na nosa escola o seu novo proxecto que consistirá en realizar en facer unha viaxe por case toda Europa, no seu medio de transporte favorito, o TRIKE. A viaxe durará case un ano, comezando en Agosto do 2016 e estarán de novo en Pontevedra en xullo do 2017. Durante este tempo teñen moito que preparar, buscar patrocinadores,conseguir axudas...
Aquí vos deixo unhas fotiños coma sempre, para que vexades o ben que o pasamos.


E xa sabedes para calquera cousa... Castañón sempre á vosa disposición!

RETO CONSEGUIDO!

Graciñas a  todos rapaces, pais, nais, avós,avoas, mestres, familiares, traballadores da escola... Grazas a todos porque :
CONSEGUÍMOLO!!! 
TEMOS CASE 300 KG DE ALIMENTOS  para entregar aos servizos sociais do Concello de Cotobade.
Estou moi ledo e non esperaba menos de vós! Voaron os libros expurgados!
Saúdos, Castañón!
libros

A POLOS 250 KG!

Rapaces, estou encantado,e moi agradecido, a operación 3x1 foi todo un éxito, acadamos nada máis e nada menos que 229 kg de alimentos para doar aos Servizos Sociais do Concello de Cotobade.
Non agardaba menos de vós!
Debido ao éxito decidimos deixar os libros uns días máis a ver se entre todos logramos acadar os 250 kg. Que pensades? Conseguirémolo?

Aquí vos deixo coma sempre, unhas fotiños, para que vexades algúns dos alimentos que trouxestedes á escola.


















 GRAZAS  FAMILIAS!

ACADAREMOS  OS 250KG?

E XA SABEDES  PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!