Taller de radio

 OLA RAPAZADA

Onte o alumnado tivo a oportunidade de gozar dun obradoiro onde aprenderon novas técnicas para levar a cabo na nosa cast@radio.

Reto 21 días en galego

 BO DÍA

Outro ano máis fixemos o reto de 21 días en galego co obxectivo de fomentar a nosa lingua entre o alumnado.

Día de Rosalía de Castro

 BOAS RAPAZADA!

Como xa sabedes, o 23 de febreiro conmemoramos a unha das escritoras galegas máis importantes: Rosalía de Castro.

Coñecemos o entroido de Xinzo!

 OLA RAPAZADA

Despois de coñecer o entroido de Aguasantas hoxe foi a quenda dun dos entroidos máis importantes de Galicia: O ENTROIDO DE XINZO.

Club de lectura de adultos 1º trimestre

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS/AS

Queridas familias, como xa sabedes continuamos co noso club de lectura de adultos. Este curso está sendo moi activo pois soamente no primeiro trimestre lemos máis de tres exemplares.


Durante as lecturas fixemos varios encontros nos que intercambiamos as nosas opinións persoais, comentamos que aspectos nos gustaron máis e tamén expresamos experiencias propias relacionadas co lido. 
Ademais, tivemos a gran sorte de ter un encontro con Azucena Arias, autora do libro "O que agacha a equipaxe". Un encontro no que se compartiron impresións sobre a súa obra e se lle fixeron cuestións que axudaron a profundizar máis sobre a historia e a entendela dende outra perspectiva. 


Nesta última xuntanza decidiuse tamén o primeiro libro que leeremos no segundo trimestre, sendo o escollido "A muller xabaril" de Fina Casalderrey.

VÉMONOS NA PRÓXIMA REUNIÓN.

APERTAS

CASTAÑÓN

Obradoiro: recuperando o entroido de Aguasantas!

 OLA RAPAZADA!

Hoxe tivemos unha xornada chea de aprendizaxe e cultura cun obradoiro no que coñecemos máis sobre o entroido de Aguasantas.

Reto da biblio: Xaneiro

 

E.... RETO SUPERADO!!!!

Polo que vexo, aprendíchedes moito sobre os heroes e seres mitolóxicos que hai en Galicia. 

E de paso, mellorastes tamén o voso pensamento computacional facendo chegar ao robot á casiña axeitada.






NORABOA!!