EXPOSICIÓNS P.D.I. 3º TRIMESTRE: OS CONTOS E A ARTE

O ano dos contos chega á súa fin coa exposición do 3º trimestre: "Os contos e a arte".

Esta foi a primeira exposición presencial a nivel de centro que puidemos facer este curso (que boas novas!), e nela contáronlle aos seus compañeiros/as todo aquilo sobre o que estiveron traballando neste trimestre: o conto que escolleron, de que trata, como fixeron a súa obra de arte e en que autores se basearon.


Os pequeniños e pequeniñas de infantil fixéronlle, sen eles sabelo, unha fermosa homenaxe ao autor Eric Carle quen, desafortunadamente faleceu na semana na que fixemos ás exposicións deixándonos un enorme legado en historias e en arte. O conto co que traballaron foi: "Unha eiruga moi larpeira".




A rapazada de 1º e 2º traballou a fondo co conto "A bruxa Brunilda"


Os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º recurriron aos clásicos para recrear simbólicas escenas en relevo e 3D.


O alumnado de 5º escolleu o clásico da literatura universal "O principiño" e mesturando diversas técnicas artísticas, así como os seus coñecementos tecnolóxicos, recrearon a súa portada e elementos claves no seu cadro.


Os veteranos e veteranas do cole desenvolven a súa última exposición no CEIP de Carballedo facendo homenaxe a un dos grandes, a Miguel de Cervantes, e á súa obra "Don Quixote da Mancha". Para o seu cadro empregaron a xeometría.


NORABOA polas vosas obras de arte e as vosas exposicións. Agardo que aprenderades un montón.


























Saúdos de Castañón!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario