EXPOSICIÓN 1 P.D.I."O ANO DE GALICIA": Xeografía, monumentos e gastronomía

 Boas rapazada!

Tras moitos impedimentos por fin puidemos levar a cabo as exposicións do P.D.I. do 1º trimestre e puidestes compartir todo o que aprendestes cos vosos compañeiros e compañeiras.

ENTREGA DE PREMIOS: LOTERÍA DE NADAL E CONCURSO DE DEBUXOS




Calquera ocasión é boa para agasallar cun libro, e ese foi o premio que levaron os e as afortunadas que lles tocou a lotaría de Nadal este ano: Mati e Alex de 2º, Blanca de 4º, Elba e Juan Pablo de 5º e Carla de 6º. Noraboa! Agardo que vos gusten as lecturas que escollín especialmente para vós

CLUB DE LECTURA: OS CAST@LECTORES/AS

 O pasado ano académico a rapazada que cursaba 5º iniciouse na experiencia dos Clubs de Lectura. Os clubs de lectura son grupos que se crean de maneira voluntaria para abordar unha lectura de maneira conxunta e poder compartir dúbidas, impresións, puntos de vista...

VOLVEMOS CON.... O RETO DO MES! DECEMBRO

 Hoxe veño co último reto do ano da nosa biblio creativa e, como non podía ser doutro modo, ten moito que ver co Nadal.

Así celebramos o Nadal. Parte 2


Ademais de todos os obradoiros, realizamos un montón de actividades antes dese día, durante e á volta do Nadal para festexar estas datas. Queredes saber todo o que fixemos?