TAREFA PARA O NADAL

Para que non vos esquezades de min durante as vacacións de Nadal, vouvos facer un pequeno e sinxelo encargo. 


Soamente tedes que escribir un comentario  engadindo unha  palabra a frase que vos deixo de seguido:

LER PARA ...........
libros

Moitas grazas, e esperovos á volta do Nadal 
FELICES FESTAS 
CASTAÑÓN

CHEGOU O NADAL!

Rapaces hoxe estou moi ledo, CHEGOU O NADAL A CARBALLEDO, o colexio está decorado, soan panxoliñas constantemente, e eu estou encantado! 
Xa sabía eu que os meus amigos do colexio non me ían deixar pasar o Nadal, soíño e xa me fixeron ao meu compañeiro de aventuras. É un boneco de neve precioso!!
Ademais as nenas e nenos de infantil, fixeron unha árbore de Nadal, no que eu son o protagonista! Que orgulloso estou dos meus PICARÍÑOS!
Ufff! case me esquezo, polos corredores de 1º e 2º hai moito ambiente de Nadal, teñen unha árbore, unhas girnaldas e a porta da aula de inglés está cheíña de folerpas de neve. E se seguímos dando unha voltiña pola escola atopamos a árbore dos maiores, campaíñas, e ,coma cada ano, montouse o nacemento na entrada.
Xa sabedes que a min gústame máis deixarvos unhas imaxes, pero como sei que ides vir todos e todas pola escola, esta vez non volo ensinarei todo, para que poidades opinar vos mesmos jajjajaj. Aínda así ahí vai un adiantiño.


















FIXÉSTEDESVOS UNHA IDEA? 
SAÚDOS CASTAÑÓN!

PARABÉNS RAPACES!


O concello xa escolleu os gañadores das postais de Nadal e eu dende a biblioteca quero felicitarvos rapaces:
Noraboa aos seguintes premiados:

1ª CATEGORIA: EDUCACIÓN INFANTIL Repártese  o premio entre as dúas postais correspondentes a
Premio.- Nerea Tilve Duarte y Marcos Ramos Fortes
2ª CATEGORÍA: 1ºe 2º DE PRIMARIa
 Premio.- Sabela Fentanes Diz
3ª CATEGORÍA: 3ºe 4º DE PRIMARIA
Premio.-  Manuel Suárez Müller
4ª CATEGORÍA:  5º e 6º DE PRIMARIA
 Premio.- Alicia Pardo Pumar
                                                      aplausos
PARABÉNS COMPAÑEIROS, 
SAÚDOS, CASTAÑÓN!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe  estou moi ledo, como cada martes,chegaron á escola as mochilas viaxeiras, e quero felicitar a familia Barreiro Martínez tanto pola súa implicación como pola reportaxe tan interesante que me envíaron á biblioteca.Deixóvos unha imaxe da páxina do caderno viaxeiro para que o valoredes  vós mesmos.

 GRAZAS FAMILIA!

 


SAÚDOS, CASTAÑÓN!!







CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, DO CONCELLO DE COTOBADE

Como cada ano por estas datas , o Concello propónos a participación no concurso de postais de Nadal, despois as postais premiadas serán as encargadas de felicitar estas festas a todos os habitantes do Concello. Quedáronlles estupendas. Aquí vos deixo unhas fotos dalgunhas postais que presentarán os nosos rapaces. Quen gañará?

Espero que o xurado o teña máis claro ca min, porque a verdade son todas tan fermosas que non sabería por cal decantarme. 
SORTE RAPACES!
Saúdos Castañón.

OBRADOIRO DE NADAL

Esta semana envielle a todo o alumnado unha nova tarefa, pedínlles aos mestres e aos seus rapaces que fagan un boneco de neve, con vasos de plástico.É o meu primeiro Nadal con vosco, e 
estou desexando ver o resultado, porque sei que todos porán moitas gañas para que eu non pase o Nadal tan soíño na biblioteca.
 Ireivos subindo fotos do proceso para que poidades observar como chegamos ao resultado final. 



 VÉMONOS , SAÚDOS, CASTAÑÓN.

COMEZA A ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa comezaron a súa andaina as nosas mochilas viaxeiras, puxemos a andar  catro mochilas, dúas para o primeiro ciclo, unha por aula, outra para o segundo ciclo e a derradeira para o terceiro ciclo. A iniciativa está sendo un éxito, todos querían levar a mochila para as súas casas!.
Estes son os catro primeiros afortunados, agardamos con ansia que chegue o vindeiro martes, para saber a súa opinión e das súas familias, e para que a mochila vaia percorrendo todos os fogares do noso alumnado.

1º Curso:  Andrea Alonso Cuíñas
2º Curso: Alberto Gallego Blanco
2ºCiclo:Mariana Rodriguez Pazos
3º Ciclo:Naiara Bouzas Sestelo









DEICA OUTRA, CASTAÑÓN.

MAGOSTO

Uff! que medo pasei o  xoves día 11 de novembro!, resulta que apareceu na miña escola un... "CASTAÑEIRO" con moreas de castañas, todo o alumnado estaba moi ledo, participando nos xogos e deleitándose con tan preciado manxar.
 Menos mal que ninguén se decatou de que quedaba eu na biblioteca...mirei pola fiestra e cando marchou o castañeiro xa puiden respirar tranquilo.
 RAPACES  SOBREVIVÍN AO MAGOSTO!! 
pero ... isto avisase eh!! xa me vía dentro do tren!!! 



DEICA  OUTRA! CASTAÑÓN

PARABÉNS AOS PREMIADOS!

Este ano  houbo unha grande participación no concurso de cabazas,cada ano esta sendo máis dificil escoller, ás cabazas gañadoras, porque son todas espectaculares. Parabéns a todos os participantes e moitas grazas por respostar de esta maneira a todas as actividades propostas dende a  biblioteca. Saúdos , Castañón.

A continuación atopades as fotografías das cabazas gañadoras.

PREMIO Á CABAZA MÁIS TERRORÍFICA: ADRIANA  (3º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS ORIXINAL: ALAIN (1º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS GRACIOSA : ANXELA (4 ANOS)


PREMIO Á CABAZA MÁIS VISTOSA: CARLA PÉREZ ( 4º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS ENXEBRE: MARTÍN ( 3 ANOS)


PREMIO Á CABAZA MÁIS RICA: MATEO ( 4 ANOS)


PREMIO Á CABAZA MÁIS FAMILIAR: ELBA ( 5 ANOS)


PREMIO Á CABAZA MÁIS  FAMENTA: DIEGO ( 5º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS TRADICIONAL:ADRIÁN (5º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS CARACTERIZADA: ÓSCAR E MATEO ( 2º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS PIRATA: MANUEL(3º)


PREMIO Á CABAZA MÁIS ESTUDOSA: ABRIL ( 4 ANOS)


PREMIO ÁS CABAZAS MÁIS MECIDAS SABELA E CARLA FENTANES( 1º E  3 ANOS)



PREMIO Á CABAZA MÁIS SUICIDA : GONZALO ( 4º)



PREMIO ÁS CABAZAS MÁIS ELABORADAS : 
ABRIL , COA CABAZA ESTUDOSA
ALAIN , COA CABAZA MÁIS ORIXINAL
ÓSCAR E MATEO COA CABAZA  MÁIS CARACTERIZADA



COMO XA VEN SENDO TRADICIÓN NA NOSA ESCOLA, LEVAMOS A CABO O CONCURSO DE COMICS.E OS GAÑADORES SON:

 1º PREMIO:CSENGE CSIPKÉS (6º)

 2º PREMIO:MENDE CSIPKÉS(5º)

 3º PREMIO DAVID RODRÍGUEZ(5º)

O DERRADEIRO CONCURSO DESTE SAMAÍN É DO DISFRACES, OS PREMIADOS SON:

 DISFRAZ MÁIS GRACIOSO:
- CARLA BALLESTEROS RODRÍGUEZ
-CHLOÉ BOTCHWAY LAMELA

 DISFRAZ MÁIS ELABORADO:
- CARLA VARELA SANTIAGO
                  - CRISTIÁN MATÍAS CORDESO ACOSTA
DISFRAZ MÁIS VISTOSO:
- PAULA MOLEDO MOURIÑO
- NEREA BERNÁRDEZ FERNÁNDEZ
DISFRAZ MÁIS ORIXINAL:
- MARCELA RIVEIRO BLANCO
- ALBA GALLEGO BLANCO
DISFRAZ MÁIS TERRORÍFICO
- MARIANA RODRIGUEZ PAZOS
- GEMMA GRAÑA LÓPEZ

PREMIO AO MELLOR MAQUILLAXE:
- ALAIN BARREIRO MARTÍNEZ
-MATEO FORTES FORTES

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!  

DEICA A  PRÓXIMA,CASTAÑÓN!

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

Hoxe fíxose o reparto das mochilas que nos enviaron dende a Asesoría de Bibliotecas, dentro do programa,"Libros que van e veñen",entre todo o alumnado de infantil. Estas, serven para levar á casa  os libros da biblioteca e fomentar así a inquedanza pola lectura e o gusto por ler. 
Todos estaban moi ledos.E como vale máis unha imaxe que mil palabras

... AHÍ VAN AS FOTIÑOS!!!

                                          3  ANOS







           4 ANOS 
                                         5 ANOS  

A  QUE ESTÁN GUAPOS? 
SAÚDOS CASTAÑÓN. 

                              



LIBRO MONSTRUOSO

Entre todo o alumnado do colexio fixéronme un libro monstruoso,para celebrar o Samaín.Cada alumna/o debuxou un monstrúo ou unha bruxa.

AGARDO QUE VOS GUSTE, TANTO COMO A MIN!

MAÑÁ É SAMAÍN!!

Ola son Castañón, a vosa mascota da biblioteca,quérovos agradecer a altísima participación no concurso de cabazas. Ademáis de ter moitas, tamén cómpre sinalar que son todas de unha calidade excepcional.
 
 Estou moi nervoso é o meu primeiro Hallowen con vós…será …          TERRORÍFICO!






  Saúdos, Castañón.

24 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Na nosa escola decidímos dar a coñecer á mascota da biblioteca o día 24 de outubro  para conmemorar así  o día internacional das bibliotecas escolares.

Despois de reunirnos o xurado estamos encantados de presentarvos a CASTAÑÓN, a mascota elaborada polo noso cociñeiro COSME VALLES  CASTRO.




O SEGUNDO CLASIFICADO É " LEDO, O POLBO DE CARBALLEDO", ELABORADO POR ANDREA ÁLVAREZ ALONSO ( MESTRA EN PRÁCTICAS)



A TERCEIRA CLASIFICADA  É "FEDORA, A RATA LECTORA", ELABORADA POLA ALUMNA MARIANA RODRIGUEZ PAZOS E O SEU PAI JOSE MANUEL RODRÍGUEZ IGLESIAS.



 PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES E MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
                             
A PARTIR DE AGORA SERÁ CASTAÑÓN O ENCARGADO DE AVISARVOS DE TODAS AS NOVAS DA BIBLIOTECA. DE MOMENTO ESTÁ MOI ATAREFADO ARRANXANDO A SÚA NOVA VIVENDA.

GRAZAS!!!!!!!!

REMATOU O CONCURSO PARA ESCOLLER A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA. CHEGARON MOITAS  AO NOSO COLE, XA QUE HOUBO UNHA GRANDE PARTICIPACIÓN.
 NON ESPERABAMOS MENOS DE VÓS!


 AGORA ESTÁ A DELIBERAR O XURADO... QUEN GAÑARÁ?

O TEMPO VAI PASANDO....


Xa só quedan oito días, para que remate o prazo do noso concurso.

SE AÍNDA NON PARTICIPACHES... ANÍMATE! A TÚA MASCOTA PODE SER A GAÑADORA!!


CONCURSO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA

Queres axudar a que a biblioteca atope unha mascota? Pois presta atención, e de seguido  as bases do concurso poderás ollar.



Cal será a mascota gañadora?
  Ata o día 24 temos que esperar!!

BENVIDOS AO BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!!!!


Hoxe estamos de inauguración, estreamos o blogue da biblioteca do noso centro, o C.E.I.P. Plurilingüe de Carballedo.
Neste blogue ides atopar a información de todas e cada unha das novas da biblioteca, así coma as bases dos diferentes concursos que realizaremos e a información relativa a todas as nosas actividades.

BENVIDOS A TODOS E TODAS !!!