Boas rapazada!!
Veño neste día tan soleado cheo dun montón de novas. O alumnado de infantil e de 1º de Educación Primaria protagonizan o programa de hoxe.
Os primeiros fálannos do que fixeron eles polo Día do Medio Ambiente: plantar a árbore con Jorge Cubela, soltar as bolboretas que sairon dos seus ovos e plantar na horta. Ah! Tamén nos explican por que é importante coidar o planeta. Os de 1º vanos explicar un traballo que fixeron en sciences: un mural colaborativo sobre os animais e as máquinas. Non o podedes perder!
Ningún comentario:
Publicar un comentario