CLUB DE CIENCIA

Marzo de 2024

Ola rapazada!

Aquí estou de novo para ensinarvos os experimentos que se fixeron no club de ciencia durante este mes:

  • Traspasar unha pataca cunha palliña: Esto será posible?😲. Pois imos ver se o conseguimos. Por suposto, necesitamos unha palliña e unha pataca.

A rapazada dividiuse en varios grupos e, por turnos, intentaron atravesar a pataca comprobando que non é facil xa que as palliñas dobrábanse.







Despois de intentalo varias veces comprobamos que o truco estaba en tapar, co dedo matapiollos, o orificio da palliña nun extremo e con forza e un movemento rápido atravesamos a pataca !!!!!!!










Esto débese a que cando tapamos a palliña co dedo, o aire que hai dentro queda comprimido exercendo presión dentro da palliña evitando que se dobre.

  • Experimentando e xogando con imáns: Sempre resulta máxico experimentar con este fenómeno físico denominado magnetismo, polo que algúns materiais atráense ou repélense. Realizáronse diferentes propostas utilizando os seguintes materiais: imáns de diferentes formas e tamaños, limaduras de ferro, circuliños metáticos, brúxula, frascos, tapas de plástico transparente...
Aquí tedes unha das propostas nas que a rapazada tiña que seguir recorridos cos circuliños, por enriba dunha tapa de plástico, axudándose dun iman que movían por debaixo da tapa.



Outra proposta era mover as agullas dunha brúxula acercando un imán.


E, por último xogamos con frascos cheos de limaduras de ferro e outros materiais naturais como garavanzos. 






Era abraiante ver como as limaduras quedaban pegadas ás paredes do frasco e as formas que adquirían ao acercar o imán.

Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!!!
Castañon.







Febreiro de 2024

Ola rapazada!

A ver que vos parecen os experimentos realizados durante este mes:

  • Fluido non newtoniano: Este xa é todo un clásico do noso club, pero como sei que vos encanta e a petición vosa, un curso máis volvemos a experimentar con este fluido tan asombroso. Soamente necesitamos fariña de fécula de millo e auga.


Nun bol botamos a fécula de millo e fomos engadindo auga pouquiño a pouco ao tempo que tamén remexíamos.




A continuación comprobamos que a mestura obtida se comportaba de diferente maneira según a presión que lle aplicábamos, por exemplo se a golpeábamos comportábase coma un sólido, pero se introducíamos os dedos lentamente facíase más fluida.


A continuación repartimos o fluido en diferentes bandexas e experimentamos con el apretándoo na man e logo soltando e así observamos como cambia a viscosidade deste fluido.






  • Apagar una vela sen soprar: Necesitamos unha vela, un chisqueiro e un frasco de cristal. Encendimos a vela e a continuación tapámola co frasco boca abaixo.


Comprobamos como pouco a pouco a vela se ía apagando xa que o osíxeno existente no vaso ía sendo consumido polo lume.


  • A auga que sube dentro do vaso: Ao igual que no experimento anterior necesitamos unha vela, un chisqueiro, un frasco de cristal e ademais auga e colorante alimentario.

Botamos auga nunha bandexa e coloreámola con colorante alimentario.



Colocamos a vela no centro da bandexa con coidado de que non se mollase o interior da mesma e encendímola co chisqueiro.


Colocamos o frasco boca abaixo enriba da vela e..... Sorpresa! Ao igual que no experimento anterior a vela apagábase pero ademais comprobamos como a auga subía polo vaso hacia arriba.



Esto débese a que o lume consume o osíxeno que hai dentro do frasco, producíndose unha disminución na presión atmosférica, entonces a auga entra no vaso a ocupar o espacio deixado polo osíxeno.

Cando quixemos sacar o vaso ocurriu algo inesperado 👀: Quedara pegado á bandexa!!!! e incluso podíamos levantala sen que caera a auga coa vela.




Esto débese ao efecto de vacío que conseguimos ao encender a vela consumindo o osíxeno que había dentro do frasco.

Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!!!
Castañon.



Xaneiro de 2024

Ola rapazada!

Comezamos o novo ano con varios experimentos:

  • Especia que fuxe: Neste caso, a especia elexida foi noz moscada. Tamén necesitamos un prato, auga e xabón.



Botamos auga nun prato



E a continuación espolvoreamos noz moscada na superficie da auga.




Tocamos a noz moscada cun dediño e comprobamos que non pasa nada.


Agora mollamos o dediño con xabón.


Agora sí, ao tocar co dediño, a superficie da especia que flota na auga, esta "fuxe" cara o borde do prato.


O que pasou foi que o xabón do dediño rompeu a tensión superficial da auga.

  • Pelos de punta: Para realizar este experimento soamente necesitamos un globo inflado.
Frotamos o globo contra algún tecido ou directamente no cabelo dunha persoa.


Comprobamos que o globo atrae os pelos poñéndoos de punta.


Esto débese ao fenómeno da electricidade estática que se produce entre os corpos.

  • O aro de plástico volante: Continuamos experimentando coa electricidade estática e seguimos utilizando o mesmo globo que no experimento anterior, pero nesta ocasión necesitamos unha bolsa de plástico á que lle cortamos un anaco en forma de aro.

O experimento consistiu en facer que o aro de plástico se mantivese flotando por enriba do globo debido á electricidade estática que neste caso fai repelerse aos dous elementos.



  • "Arco da vella de lacasitos": Necesitamos un prato, auga e "lacasitos"´.
Colocamos os "lacasitos" polo borde do prato e a continuación botamos suficiente auga para que toque aos "lacasitos".

        


Observamos como as cores se van disolvendo e tinguindo a auga pero non se mesturan, xa que o azucre sube a densidade da auga e forma barreiras entre as cores.

Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!!!
Castañon.




Decembro de 2023

  Ola rapazada!

Para rematar o ano quixemos relacionar os nosos experimentos cun fenómeno atmosférico propio desta estación que entra, o inverno, como é a neve. Falamos de como se forman as folerpas no medio natural e a continuación simulamos facer neve artificial e xogamos con ela nos seguintes experimentos:

  • Neve artificial: Soamente utilizamos dúas substancias, que son auga e bicarbonato.


Cada grupo foi engadindo as substancias pouquiño a pouco e a continuación mesturáronas coas súas mans.




E chegou o momento máis divertido, a rapazada comprobou que o bicarbonato se compactaba ao contacto coa auga e a mestura adquiría unha textura parecida a da neve.
 Mirade que bonecos e que bolas tan perfectas.





  • "Neve efervescente": Á neve do experimento anterior, engadímoslle vinagre con colorante de diferentes cores e tamén cun pouquiño de xabón.



 Axudándonos dunhas pipetas engadimos pouco a pouco a mestura na nosa neve artificial e.... Pouco a pouco empezou a producirse unha efervescencia de cores impresionante.




A reacción química que se produce ao mesturar vinagre con bicarbonato nunca deixa de sorprendernos...

Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!!!
Castañon.



30 de novembro de 2.023

 Ola rapazada!

Este mes de novembro estivemos de conmemoración xa que celebramos a semana da ciencia. No noso club de ciencia celebrámola coma sempre: experimentando, observando e descubrindo "cousiñas". Aquí vos deixo unha mostra dalgúns experimentos realizados ao longo do mes.

  • "Volcán": Para a realización deste experimento, a rapazada construiu dous volcáns utilizando vasos, papel, ceras de cores e sobre todo moita imaxinación:






A continuación chegou o momento de experimentar e os produtos utilizados foron: auga, colorante alimentario encarnado, xabón líquido, bicarbonato e vinagre.






Despois de agregar todas as substancias necesarias puidemos comprobar que ao mesturar bicarbonato con vinagre prodúcese unha reacción química, esto unido ao xabón e o colorante fíxonos imaxinar a creación dun volcán e ilusionounos moito ver saír a lava.



  • "Peixe que cambia de sentido": Neste experimento comprobamos un efecto óptico moi interesante producido pola refracción da luz ao atravesar a auga.
Nótase que este curso a rapazada está aprendendo moito sobre os animais xa que debuxaron uns peixes magníficos, que utilizamos para a realización do experimento.




Cos nosos peixiños comprobamos que se os poñíamos detrás dun frasco de cristal valeiro non pasaba nada pero se o frasco estaba cheo de auga o peixe cambiaba de tamaño e sentido.








  • Peixes de papel que nadan: Aproveitando os peixiños que fixemos no último experimento, recortámolos e puxémolos a nadar. Preguntarédesvos como pode nadar un peixe de papel, pois utilizando unha bandexa de auga e xabón líquido.



Puxemos xabón na cola do peixe e con moito coidado colocámolo na superficie da auga e.... Maxia!!! o peixe comeza a nadar.



Por suposto, esto ten unha explicación científica e non é outra que a rotura da tensión superficial da auga debida ao xabón.

Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!!!
Castañon.



CLUB DE CIENCIA - CURSO 23-24

31 de outubro de 2.023

Xa estamos aquí de novo, rapazada.

Benvidos outro curso máis ao noso club de ciencia, onde a curiosidade convírtese en descubrimento e a experimentación en aprendizaxe.
 A gran científica Marie Curie xa dixo nunha ocasión: "Os científicos son algo máis que un profesional nun laboratorio: son nenos ante fenómenos naturais que lles impresionan como si se tratase dun conto de fadas". 

Neste mes de outubro comezamos con dous experimentos:
  • No primeiro deles, "As flores que se abren", a rapazada comprobou que cando o papel entra en contacto coa auga, vaise expandindo debido a un proceso denominado acción capilar.


Os materiais empregados foron : papel, rotuladores ou ceras, tesoiras e bandexa con auga.


Coloreáronse e recortáronse  flores de cinco pétalos previamente impresas.


A continuación colocáronse con moito coidado na superficie da auga. Comprobamos como os pétalos das flores comezaban a abrir debido a que a auga vaise expandindo a través do papel e fai que que os pliegues da flor se abran. 


Como en todo experimento, a través do método ensaio-erro, comprobamos que os pliegues da flor non deben estar moi marcadas e ademais debemos colorear mellor con ceras que con rotuladores para non humedecer demasiado os pétalos.

  • Con motivo da celebración do Samaín realizamos o experimento  "A pantasma danzante", para o que  necesitamos os seguintes materiais: un globo, papel de seda, un lápiz e tesoiras:


Primeiro debuxamos unha pantasma no papel de seda.


A continuación recortámola:


Despois deixamos a pantasma no chan, collemos o globo e frotámolo na cabeza dun compañeiro ou contra o noso xersei:




E foi entonces cando comezou a maxia: ao acercar o globo á pantasma, ésta elevábase como querendo danzar. Por suposto esto ten a súa explicación ciéntifica que non é outra que o fenómeno da electricidade estática que se produce no globo cando se frota e que fai que atraiga á pantasma de papel de seda.






Espero que disfrutarades moito cos nosos primeiros experimentos deste curso.

Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!
Castañón.






 
Últimos experimentos do curso 22-23:

OLA RAPAZADA!
Os nosos pequenos científicos e científicas seguen experimentando. A continuación móstrovos os últimos experimentos realizados:

- "Robot pintor": Cun vaso de cartón ou plástico, 4 rotuladores, un pequemo motor, unha pila e un contrapeso (anaco de barra de silicona, por exemplo), construiron un robot que fai as súas propias obras pictóricas.


Fixádevos nas súas cariñas de concentración durante o proceso.








- "Leite de cores": Mirade o que sucede cando botamos colorante alimentario, de varias cores, nun recipiente con leite e a continuación tocamos co dediño mollado en xabón da louza.











Como vedes, cando o xabón entra en contacto coas cores do leite, estas reaccionan separándose rapidamente.



- "Pompas de xabón": a rapazada de infantil aproveitou un dos seus venres de experimentación para facer pompas de xabón con pomperos de reciclaxe (botellas de auga cortadas pola metade). Misturaron 5 partes de auga, unha parte de deterxente líquido e 2 cucharadas de glicerina.









                                        










Qué ben o pasaron soprando para formar as pompas e tamén perseguíndoas para estoupalas.



- "A vela que se apaga e a auga que sube": Para facer este experimento necesítase auga, colorante, unha vela, un mechero e un frasco de cristal.



 Bótase a auga nunha bandexa.


Colócase a vela no centro 


Agrégase o colorante



Préndese lume  na vela


E colócase o frasco boca abaixo enriba da vela.


Coma sempre, fixeron as súas hipóteses antes de ver o resultado: "Vai estoupar", "O frasco e a auga poñeranse negros" ou "Sairá o frasco voando"... 




A rapazada non podía deixar de repetir o experimento unha e outra vez comprobando que, se apretaban o frasco contra a bandexa facíase o vacio e era difícil despegalo, pero se simplemente colocaban o frasco sin apretar, a auga subía rapidamente.




Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!
Castañón.








OLA RAPAZADA!
"A torre de líquidos" é o nome do experimento que fixemos no último club de ciencia. A rapazada encheu un frasco con varios líquidos con diferentes densidades e o resultado foi sorprendente.

Aquí podedes ver os líquidos utilizados: deterxente para a louza, aceite, vinagre, auga con colorante encarnado e alcohol con colorante azul:


A continuación comenzamos a engadir cada líquido no frasco:







E chegou o momento de ver o resultado: 
Os líquidos, lonxe de misturarse, fóronse separando e permanecendo cada un a unha altura, formando unha torre de diferentes cores. Esto sucede porque cada líquido empregado ten unha densidade diferente.


Para rematar, a rapazada botou diferentes obxetos no frasco para ver en que líquido quedaba flotando e así averiguar cal deles era máis denso, neste caso foi un clip que chegou ata o deterxente.



Ata o próximo club de ciencia!
Experimentade moito!
Castañón.


OLA RAPAZADA!
Xa estamos aquí de novo con outro club de ciencia e cun novo experimento: "As cores que desaparecen". Nesta ocasión experimentamos cun efecto óptico que se produce pola refracción da luz ao atravesar a auga.
As nenas/os comenzaron facendo uns debuxos que colorearon con moito esmero:


A continuación protexeron as súas producións con plástico adhesivo:




Para finalizar repasaron os bordes dos seus debuxos con rotulador permanente:



E despois chegou o momento de sumerxir os debuxos nos recipientes cheos de auga:





Sorprendentemente os debuxos perdían as sús cores, cada vez que eran sumerxidos na auga e as volvían a recuperar, cada vez que os sacaban. Parece maxia, pero non, coma sempre hai unha explicación científica que neste caso ten que ver coa refracción da luz ao atravesar a auga e como o percibimos a traves da nosa vista.

Ata o próximo club de ciencia!. Experimentade moito!
Castañón.



OLA RAPAZADA!
Por fin chegou o bo tempo e as nenas e nenos de Infantil puideron levar a cabo o seu venres de experimentación ao aire libre.




Descubriron que o aire ocupa un espacio a través do experimento "O guante que saúda".
Utilizáronse os seguintes materiais: recipientes reutilizados que nos dou Cosme, o cociñeiro, botellas de plástico cortadas pola metade, guantes de latex e auga.


Coa axuda das mestras a rapazada transportou a auga e encheron os recipientes ata o borde:





Despois colocaron os guantes de latex na boca da botella:






Por último, meteron a botella no recipiente con auga e de repente parecía que os guantes saudaban inflándose cada vez que eran sumerxidos na auga.





Por suposto, a auga que utilizamos non foi desperdiciada xa que a rapazada utilizouna para regar a nosa horta.








OLA RAPAZADA!
Hoxe queríavos mostrar un xogo sobre o cambio climático co que está a experimentar a rapazada de 5º. Nesta ocasión estiveron recreando fenómenos atmosféricos. 





Que chulada de xogo!. Por certo, foi un agasallo dos Reis Magos 😊.
Ata o próximo club de ciencia. Experimentade moito!!
Castañón.





 OLA RAPAZADA!
Esta semana no club de ciencia descubrimos a placa Makey Makey coa que nos adentramos no mundo da electrónica. Comprobamos que algunhas froitas, a auga e incluso o noso corpo son condutores da electricidade. Fixemos ritmos musicais tocando as froitas e tamén as utilizamos como mando para xogar a un videoxogo.
Ademais contamos coa inestimable colaboración de Lucía, alumna de 6º, para explicarlles aos máis pequenos o funcionamento deste novo recurso.
















Ata o próximo club de ciencia. Experimentade moito!.
Castañón.



 OLA RAPAZADA:
Nesta ocasión traiovos varios experimentos cos que comenzamos o novo ano:
  •  "ARCOIRIS" no que aproveitamos a propiedade da capilaridade que ten o papel de cociña  gracias a cal a auga pode ascender en contra da gravidade. Para facelo utilizamos frascos  transparentes, auga, papel de cociña e rotuladores.











  • "NEVE CON BICARBONATO". A rapazada de Infantil, nos seus "Venres de experimentación", misturaron auga e bicarbonato e conseguiron facer unha sustancia similar á neve coa que o pasaron en grande.








  • Ademais tamén fixeron "PLASTILINA DE LIMÓN" misturando varios ingredientes: auga, zume e ralladura de limón, bicarbonato, fariña, sal e aceite.














A esta rapazada de Infantil... Como lle gusta enzoufarse!.
Ata o próximo club de ciencia. Experimentade moito!
CASTAÑÓN





 OLA RAPAZADA:
Xa estou aquí de novo para contarvos o que aconteceu na última sesión de club de ciencia, onde se experimentou coa propiedade higroscópica da madeira para formar unha "Estrela de Nadal".



A rapazada doblou 5 escarvadentes pola metade, para cada árbore de Nadal.


Despois xuntáronos.


A continuación botaron unhas pingas de auga no centro dos escarvadentes de madeira e xurdiu "a maxia":  formáronse unhas fermosas estrelas de Nadal. 














Encantoume o resultado final deste experimento, aínda que algunhas das hipóteses que se fixeron previamente foron moi orixinais: "Ao botar as pingas de auga as estrelas brillarían, explotarían ou sairían voando". Qué imaxinación ten a miña rapazada!!!! 

Ata a proxima!!! 

Castañón.



CLUB DE CIENCIA - CURSO 22-23


 OLA RAPAZADA:

Outro curso máis seguimos a experimentar no noso Club de Ciencia.
Ata agora, neste primeiro trimestre, realizáronse dous experimentos: "Inflar globo sen soprar" e "Fluido non newtoniano".


No primeiro fixemos catro equipos e utilizamos: bicarbonato, vinagre, unha botella e un globo. Mirade o que pasou!:











En tres dos equipos o globo inflouse pero nun estoupou, MENUDO SUSTO!!!

Para facer o fluido non newtoniano utilizouse Maizena e auga. MENUDO PRINGUE!!!!




















ESTE FLUIDO É MOI RARO!!: se lle das golpes rebota como se fora de goma pero se metes a man a modiño príngaste todo.

Espérovos no próximo club de ciencias para ver como experimentades.

Castañón.










BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes este curso solicitamos na escola poder formar parte da iniciativa da Consellería Club de Ciencia, e dende aquí queremos confirmar que nos aceptaron no proxecto e que formamos parte do mesmo. Nesta lapela imos ir deixando a información relativa ao Club, as fotos das xuntanzas, os materiais que fagamos etc, etc
Neste segundo trimestre puxémonos máns á obra e comezamos a experimentar. 
Para ir abrindo boca neste segundo mes de experimentos imos deixarvos aquí unhas fotiños dos experimentos realizados o pasado venres no Club de ciencia :






































































































































Aquí vos deixamos un vídeo e  unhas fotiños dos experimentos realizados:
QR Code













































Achegámos unhas fotos das actividades realizadas ao longo do primeiro trimestre onde traballamos o concepto de ciencia e as principais ramas da mesma.











O pasado luns 11 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza do club. Nesta fixemos entrega do carné de pertenza ao mesmo e elaboramos un mural para coñecer as ideas previas sobre QUE É A CIENCIA?
Aquí vos deixo unhas fotiños do proceso de elaboración do mural:


Ningún comentario:

Publicar un comentario