P.D.I AS FEIRAS (15/16)

A segunda actividade deste proxecto foi o OBRADOIRO DE COROAS DE DEFUNTOS, que de seguido podedes atopar o vídeo da actividade.


Como xa sabedes este curso 15-16 estamos a facer un proxecto documental integrado sobre AS FEIRAS, e a primeira actividade que levamos a cabo é o II CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS.
Dende aquí quero dar os meus parabéns a todos os participantes polo traballo realizado e as gañas amosadas, pero sobre todo quero agradecerlle a colaboración prestada aos pais e nais do alumnado de 5 anos, xa que elaboraron a porta "REMEDIOS CUQUEIRA"  e aportaron grandes doses de saber, achegando á aula diferentes traballos sobre as plantas, mostras das mesmas, usos, propiedades, etc. 
Aquí vos deixo algunhas fotos para que vexades que cando traballamos todos xuntos temos uns resultados SORPRENDENTES!


CAIXIÑA DOS RECENDOS,
 Esta caixa transformouse nunha experiencia fantástica
posto que en cada bolsa hai un tipo diferente de planta
etiquetada correctamente e onde podemos coñecer
as súas propiedades milagreiras.



Nesta ocasión chegou á aula un HERBARIO
realizado pola nai dunha alumna cando esta estudaba.
Este traballiño espertou a curiosidade do alumnado
 e agora van realizar, o seu , ao longo de todo o curso. 


Aquí aparecen  as aportacións das familias
 dos nosos nenos e nenas de 5 anos.
Moitas grazas familias !

Aquí quedan as fotografías de todas e cada unha das portas presentadas ao concurso. PARABÉNS RAPACES!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario