DÍA DO MEDIO AMBIENTE: PLANTAMOS UNHA ÁRBORE

Ola rapazada!

O sábado 5 de xuño celebramos o Día do Medio Ambiente e, a través do proxecto Europeo "Unha árbore por Europa", o venres viñeron do concello a traernos un agasallo para o patio. O alcalde Jorge Cubela plantou coa vosa axuda un novo carballo, apostando sempre polas especies autóctonas.











Ademais, neste acto, o persoal do concello estívolle explicando á rapazada en que consistía o cambio climático e por que era necesario plantar árbores. Aprendemos que esta actividade non foi simbólica, xa que as plantas non só nos aportan osíxeno, se non que son as encargadas de recoller o dióxido de carbono, o que contribúe enormemente a esta problemática ambiental. 

Non vos esquezades nunca, rapazada: planeta só hai un. 

Saúdos dun Castañón que se preocupa polo planeta!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario