OLA RAPAZADA!
A pasada semana fixemos unha das actividades que máis nos gustan do noso cole: unha nova carb@ruta pola contorna!
OLA RAPAZADA!
A pasada semana fixemos unha das actividades que máis nos gustan do noso cole: unha nova carb@ruta pola contorna!
BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
Este luns o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de visitar o CIFP Carlos Oroza grazas ao programa Depoemprende.
OLA FAMILIAS!
Como xa sabedes, este ano o noso proxecto trata sobre os animais e no segundo trimestre o noso alumnado estivo traballando arreo sobre aqueles animais que se atopan en perigo de extinción e as causas.
OLA COMPIS!
Xa son horas de ver que actividades levamos a cabo no mes de marzo na nosa biblioteca, non?
Querida comunidade educativa:
Este ano participamos nun novo programa impulsado pola consellería chamado Oberva-Acción.
Dito programa ten entre os seus obxectivos favorecer a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos de Galicia, así como con outros centros doutras comunidades.
O programa consiste en que os docentes e membros dos equipos directivos observen de forma directa outras metodoloxías e enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado, outras formas de relación e comunicación ou outras vías de xestión dos recursos propios e alleos aos centros fomentando o traballo en equipo, a observación activa da práctica docente, o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores...
No noso caso, fomos emparellados co CEP Xosé María Brea Segade, un centro pertencente a Taragoña, en Rianxo.
Por aquí vos deixamos unhas fotos tanto do día que viñeron visitar o noso cole como da nosa visita.
OLA COMPAÑEIROS/AS!
O pasado 17 de marzo celebrouse o Día de Cómic e nós aproveitamos a visita dunha gran escritora como o é Eva Mejuto para traballar sobre a banda deseñada.