Boas rapazada!
Neste curso complicado botamos moito de menos (o que máis) traer convidados á nosa cast@radio, xa que ser cast@reporteiros é unha das actividades favoritas de todo o alumnado.
Porén, aproveitando a evolución favorable da situación actual, non quixemos deixar escapar a oportunidade de traer a Victor Rivas, importante ilustrador e veciño do concello.
Como sabedes, no primeiro trimestre abordamos no PDI o proceso de elaboración dos contos, e a ilustración era unha das súas fases. Tras traballar con contos como "Dúas bágoas por Máquina", "Escarlatina" ou "Esmeraldina" coñecimos a Victor Rivas; quen nos atendeu cos brazos abertos e se ofreceu a vir ao cole.
Nesta ocasión o grupo de 5º entrevistouno na cast@radio, pero foi todo o alumnado do centro quen creou a batería de preguntas. Este foi o resultado: unha entrevista moi amena, divertida e chea de aprendizaxes e descubrimentos. Aquí a tedes dividida en tres partes, unha por cada sección: 1. Desmontando a Victor Rivas; 2. Ser ilustrador é do mellor; 3. Preguntas exprés.
Ademais, logo mantivo unha informal conversa coa rapazada e ensinoulles a facer dúas das súas ilustracións.
Non sendo suficiente, fíxonos un enorme agasallo: máis de 50 exemplares para ampliar a nosa colección con títulos en castelán, galelo e inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario