ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. FEBREIRO

 Ola rapazada! 
Xa rematamos febreiro e con el outro calendario máis de actividades. Esta foi a proposta do mes. Gustáronvos as actividades? 


Quen dixo que a actividade física e os libros fosen incompatibles? Nesta ocasión incluímos dúas actividades novas: unha delas foi recrear escenas de personaxes a través do ioga, a outra un obradoiro de voces. 
Ademais, imos recuperando pouquiño a pouco (segundo a situación sanitario nolo vai permitindo) os xogos do espacio maker. Cada día da semana xa sabedes que toda a rapazada tedes un xogo nas mesas da entrada da biblio á vosa disposición, o cal deberedes deixar na caixa de corentena despois de utilizalo. 



























Vémonos mañá cun novo calendario cheo de actividades que vos van encantar!
Castañón!!

ENTROIDO 2021. O ANO DOS CONTOS

O Entroido 2021 comezou, como todos os anos, co meco. A pesar de que me escondín moi ben, Gusvillano Covid atopoume e encadeoume toda a semana. El enviou uns mandatos a toda a rapazada, os cales debían cumplir para conseguir liberarme o venres 12 de febreiro. Menos mal que lle fixestes caso, e así viñestes todos os días:


Ese último venres antes das vacacións do Entroido, todos vós viñestes cuns difraces chulísimos. Este ano a temática era a do P.D.I.: O ano dos contos. Queredes ver como viñeron os vosos compañeiros e compañeiras?


















Aínda que nesta ocasión non puidemos levar a cabo a degustación de filloas, fixestes un montón de actividades divertidísimas en cada clase. 









E tamén os vosos profes prepararon o, xa clásico, concurso de disfraces. No ano dos contos non podiamos entregar outro que o premio planeta. Aquí tedes os vosos desfiles, así como aos gañadores e gañadoras en cada unha das categorías.

























Rematamos o día coa miña liberación. Como chovía un montón, non puidemos queimar ao noso meco pero... a rapazada encargouse ben de que non volvese a facer das súas. 











Gracias a todos/as pola vosa participación!

Agardamos que o pasarades xenial e, unha vez máis, GRACIAS POR LIBERARME DE GUSVILLANO COVID!!!

CASTAÑÓN