GUSMALOTEBOT

Boas rapazada:
O ano pasado polo Entroido,sabedes que tivestedes na escola a Gusmalote, un verme que vos secuestrou a vosa mascotiña Castañón, e púxovos unhas condicións, como lle fixestedes caso gañastedes vós e despois queimastes a Gusmalote, pois ven agora chegou a miña quenda a de Gusmalotebot. 
Estaredes preguntándovos quen son, pois son o irmán robótico de Gusmalote, e teño comigo a Castañón, se facedes caso as miñas encomendas non pasará nada pero se non cumplides...Castañón desaparecerá para sempre!!!!
A RAPAZADA DE INFANTIL NADA MÁIS COÑECER A CHEGADA DE GUSMALOTEBOT, COMEZOU A PREOCUPARSE POR CASTAÑÓN, E CANDO SE DECATARON DA SÚA DESAPARICIÓN...COLLERON AS LUPAS E PUXERONSE MANS Á OBRA:
QR Code


1ª ENCOMENDA :



EXPOCIENCIA

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes este ano, estamos a realizar un P.D.I. sobre a CIENCIA,  e o pasado martes día 19 tiveron lugar as primeiras exposicións sobre os científicos que investigastedes nas vosas aulas. Neste artigo vouvos ir deixando os vídeos das exposicións, os códigos QR de cada un deles e algunhas fotiños da exposición que temos montada no corredor da escola, cos traballos que se realizaron nas aulas:

ALUMNADO DE 3 E 5 ANOS CON CHARLES DARWIN:       QR Code
ALUMNADO DE 4 ANOS CON GALILEO GALILEI:
QR Code
ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P. CON JANE GOODALL



QR Code
ALUMNADO DE 3º CON SEVERO OCHOA: QR Code
ALUMNADO DE 4º CON STEPHEN HAWKING: QR Code

ALUMNADO DE 5º CON ALEXANDER GRANHAM BELL QR Code 
ALUMNADO DE 6º CON MARIE CURIE: QR Code

AQUI ALGUNHA FOTIÑO DA EXPOSICIÓN DO CORREDOR DA ESCOLA, NOS VINDEIROS DÍAS SUBIREIVOS ALGUNHA MÁIS


AGARDO QUE AS EXPOSICIÓNS DO ALUMNADO VOS RESULTASEN TAN INTERESANTES E GRATIFICANTES COMA A MIN. 
 SAÚDOS, CASTAÑÓN.

ANUNCIO CAST@RADIO


Boas rapazada:
 Aquí vos deixo un anuncio sobre a nosa Cast@radio, como xa sabedes este ano o noso P.D.I. está adicado á CIENCIA, e polo tanto irán pasando pola nosa emisora diferenetes personaxes importantes deste ámbito. Algunhas das entrevistas serán realizadas dunha maneira fictícia e outras  reais.
Seredes quen de adiviñar cales destas personaxes estarán na Cast@radio?


Saúdos 
Castañón