Boas rapazada!!
O alumnado de 5º e 6º de E.P. participou este ano no Programa Atrévete, mediante o cal coñeceron o que era unha Foodtruck e como funcionaba.
A través da colaboración entre centros, o CIPF Carlos Oroza de Pontevedra fíxonos o enorme favor de vir o pasado xoves 3 de xuño ao centro coa súa Foodtruck "Pontevan". Preparounos unha deliciosa merenda ecolóxica (con produtos galegos e parte deles elaborados polo seu alumnado nos distintos módulos dos ciclos que ofrece o centro: panadería, cociña, ...).
Os cast@reporteiros do centro non quixeron desperdiciar a oportunidade de entrevistalos na cast@radio para descubrir máis do seu proxecto.
O delicioso menú estaba formado por un bocadillo de xamón, queixo de Arzúa, leituga e salsa de herbas aromáticas, acompañado dunha brocheta de froita.
Non queriamos deixalos marchar sen agradecerlles esta chulísima actividade, e fixémolo cun pequeno agasallo feito pola rapazada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario