O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, o concello solicitou a vosa colaboración para desenvolver a actividade titulada "Contos ao teléfono".
A rapazada recolleu lendas da zona e historias que lles contaron os seus maiores e, con elas, gravamos o seguinte programa na cast@radio.
O pasado martes todos os participantes recibiron un agasallo por parte do concello pola colaboración coa actividade. Pronto poderedes escoitar o programa completo na páxina do concello.
Moitas grazas a todos/as.
Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario