FOMENTO DA LECTURA. CURSO 2020-2021

Boas rapazada!!

Hoxe vouvos presentar todas as actividades que se realizaron este curso a prol da lectura, as cales continuaremos para o vindeiro ano académico:


Coa apertura da biblio e o envío das caixas lectoras para cada aula, tamén se fixo entrega dos CAST@LECTÓMETROS!! Este novo sistema de rexistro de lectura veu acompañado de pegatinas por cada libro lido e por premios, un por cada cinco libros que se lían. Mirade que contenta a rapazada coas recompensas que recibiron!! Non podían faltar uns chaveiros de bibliocarballedo feitos coa impresora 3D e unhas alfombrillas para o rato da cast@radio, entre outros.




Os profes decidiron que o feito de ler tiña que ser premiado, por iso inauguramos as un novo concurso: o premio aos máis adictos á lectura, e fixemos un acto de entrega de premios. Os máis lectores de cara clase foron:

Aldara (1º E.P.), Paula (4º E.P.), Martín (5º E.P.) e Abril (6º E.P.)




A titora recolle o premio de Aldara, por non estar ela.


Os catro recibiron un libro e un diploma. Noraboa por ser tan grandes lectores!!

O alumnado de infantil continuou a actividade "Libros que veñen e van", e todas as semanas levaron contos nas súas mochiliñas para ler coas súas familias na casa. Polo seu compromiso tamén recibiron un pequeniño agasallo.


                                           




Co mes de decembro chegou unha nova proposta "O calendario lector de advento", con lecturas diarias que viñan acompañadas dunha breve actividade de animación á lectura.




Nalgunhas sesións da "Hora de Ler" fíxose animación á lectura cos distintos grupos de primaria, actividades súper divertidas coas que o pasaron xenial.

                                   




Finalmente, unha das iniciativas desde curso que máis gustou foi o desenvolvemento de CLUBES DE LECTURA. Nesta versión experimental enfocouse unicamente ao alumnado de 5º, pero agardamos que o próximo curso moitos máis alumnos/as se queiran unir a estas conversas ao redor da lectura. 






E, como non, lemos, lemos moito, en moitos formatos, lugares e moitos xéneros.














Moitas gracias ao alumnado e tamén ás familias pola vosa colaboración, non nos esquezamos de que formar lectores competentes comeza nos primeiros cursos e que é unha tarefa de todos. Seguiremos traballando para que o goce por ler siga aumentando.

Vémonos en setembro con novas propostas, recuperando as mochilas viaxeiras con actividades chulísimas. Ahh!! E no verán, que non falte un libro nas vosas mans!

Feliz lectura.

Castañón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario