DÍA DO MEDIO AMBIENTE: NOVO PROXECTO "A HORTA DE CASTAÑÓN

 A publicación de hoxe faime estar especialmente feliz xa que, por fin, podo compartir con toda a comunidade o tremendo proxecto no que nos embarcamos este curso.


Dende a biblio, seguindo o compromiso universal "Axenda 2030", a comezos de curso profesorado e alumnado decidiu poñer o seu graíño de area cara o desenvolvemento sustentable da vida ambiental. Pensamos que o día do medio ambiente non podía ser unha única xornada ao ano, tiña que ser todos os días. Así foi como decidimos comezar a camiñar para facer do CEIP Plurilingüe de Carballedo un colexio ecolóxico.

Foi alá polo mes de novembro cando nos fixemos con fontes documentais e, dende as aulas, se empezou a traballar sobre a horta, as especies que poderiamos plantar e o seu coidado, as datas, como inflúe a lúa nas colleitas, etc. 



Formámonos en compostaxe e instalamos un composteiro no cole e, polo día do Medio Ambiente, fixemos un acto de inauguración. Pero, mellor que contárvolo, por que non o vedes por vos mesmos?

 Axiña! Dádelle a "play" e vide con nosco á inauguración da miña horta e a coñecer como foi o inicio deste proxecto, o cal agardamos que dure moitos anos e que, pouquiño a pouco, vaia aumentando.

Seguro que non pasou desapercibido o fermosísimo cartel co que nos agasallou o alumnado e profesorado da fp de carpintería do "IES Antón Losada Diéguez" (A Estrada). Por iso, non me podo despedir sen antes agradecerlles o coidadoso e tan detallado traballo que fixeron co cartel para a miña horta:

 "A horta de Castañón". 



Ningún comentario:

Publicar un comentario