Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións

Visita de Elena Casal polo 8M

 BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
A pasada semana con motivo do 8M tivemos a sorte de que nos visitara Elena Casal, unha árbitra galega.

Celebración do Día da Paz

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

O pasado martes día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e da Non Violencia xunto coas nosas familias na que foi unha gran xornada de convivencia. 

Festexando o Nadal 23-24

 OLA RAPAZADA!

Que ben o pasamos o ú´timo día do trimestre! Este ano tivestedes a gran responsabilidade de salvar o Nadal aquí en Carballedo superando unha serie de probas pola contorna e a verdade é que o fixestedes xenial! 

Felicitación de Nadal

Benquerida comunidade educativa:

Outro ano máis, non queríamos deixar de agradecervos a vosa implicación e colaboración nas actividades do centro , así como o apoio recibido. Xuntos formamos un gran equipo!

Por iso, desexámosvos moi boas festas e feliz ano novo!

Equipo CEIP Plurilingüe de Carballedo

Concurso de portas no Día das Bibliotecas Escolares!

 OLA RAPAZADA!

Outro ano máis festexamos o Día das Bibliotecas Escolares co noso xa tradicional concurso de portas coa temática do PDI, este ano chamado Carballedo, que animalada! 

Día da muller e da nena na ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e Nena na Ciencia, e nós tivemos o pracer de recibir no cole a unha exalumna científica: Ana veu compartir con toda a rapazada a súa experiencia.

Día contra o cambio climático: Inauguración do PDI "Carballedo 20-30"

 O pasado 24 de outubro foi unha data moi especial: o Día Contra o Cambio Climático. A través dela puidemos dar inicio ao PDI investigando sobre as causas que contribúen a el e plasmando os resultados nunha posta en común e neste fermoso mural interactivo que creamos para a entrada do cole (gracias á colaboración do noso cociñeiro Cosme). 


Non vos perdades esta actividade!

Concurso de portas no Día das Bibliotecas Escolares

 Boas rapazada!

Un ano máis chega o 24 de outubro e con el... o Día das Bibliotecas Escolares! Que ganas de inaugurar o PDI descubrindo as portas sobre as que levades traballando xa máis dun mes. Imos ver que ideas tivestes para decorar as vosas portas acorde ao ODS que vos tocou traballar.

Concurso de deseño "Deseña unha xoia para a túa nai"

 Boas rapazada!

Como xa se vos comunicou fai algunhas semanas, o noso compi Javi de 4º de E.P. quedou finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai". Hoxe estou aquí para explicarvos un pouquiño máis en que consistiu esta actividade.

Celebración do Día da Familia en bibliocarballedo

"Non todas as familias son iguais. Cada familia é diferente, única e especial. Hai tantas, tantas como un puñado de botóns".

"Os maios" dende bibliocarballedo!

Coa chegada da primavera as árbores enchense de follas e a natureza agasállanos coas súas flores e os seus froitos. En Galicia, dende tempos remotos, coa chegada do mes de maio a xente adoitaba celebrar o que se coñece como "Os maios"  para exaltar a variada flora coa que conta a nosa paisaxe. 

DÍA DO LIBRO 2022. Parte 2: "Lobo feroz" en lingua de signos

Neste Día do Libro 2022 quixemos reivindicar a lectura para todos e para todas, en todos os formatos, en todas as linguas; achegar outras realidades a toda a rapazada, apostando pola diversidade e pola inclusión.

Saquemos os nosos mandiles! 8M. Día da Muller Traballadora

Fai máis de cinco décadas que chegamos a lúa, descubrimos antepasados de hai centros de anos e incluso un burato negro; sen embargo na sociedade aínda existe desigualdade.