Taller de radio

 OLA RAPAZADA

Onte o alumnado tivo a oportunidade de gozar dun obradoiro onde aprenderon novas técnicas para levar a cabo na nosa cast@radio.

Este obradoiro está centrado no traballo da radio como medio de comunicación e expresión.

Nel, a nosa rapazada fixo exercicios prácticos dirixidos a modular a voz e que fomentan unha boa dicción así como dinámicas que traballan a creatividade, todos eles dirixidos a desenvolver un texto dramático na radio. Procuraron recursos mediante o espazo sonoro e traballaron para descubrir o xeito máis adecuado de expresar as súas ideas. 

Por aquí vos deixamos un vídeo como mostra do ben que o pasaron os nosos nenos e nenas.




Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario