BOAS RAPAZADA!
Como xa sabedes, temos a biblioteca en pleno rendemento grazas aos nosos gardabiblios.
Este ano o alumnado ten un papel aínda máis importante na nosa biblioteca pois, grazas a eles, funciona moito mellor!
Os nosos e nosas gardabiblios teñen moitas funcións: axudar a recoller os libros, manter os estantes ordeados, crear recunchos especiais como por exemplo o de Rosalía de Castro ou incluso tamén levar a cabo os sorteos para ver quen é o encargado/a de levar as mochilas viaxeiras cada semana.
Por aquí vos deixamos unhas fotos de como o están facendo e de como estamos a organizar todo este traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario