Reto 21 días en galego

 BO DÍA

Outro ano máis fixemos o reto de 21 días en galego co obxectivo de fomentar a nosa lingua entre o alumnado.
Ao longo destes 21 días o alumnado fixo numerosas actividades tanto grupais no cole como en colaboración das familias.
En primeiro lugar, xogamos xunto coas familias a adiviñar a palabra do día. Unha actividade que nos pemitiu coñecer moitas palabras que non tiñamos nin idea e que son verdadeiramente bonitas: xoaniña, pinchacarneiro, morriña...
      
Por outro lado, fixemos unha actividade con palabras fermosas na que a rapazada escolleu unha palabra que lle gustara, decorouna e colgámolas nunha das paredes do noso centro creando así un recuncho moi especial. Ademais, despois disto o alumnado foi saíndo, escollendo algunhas palabras e creando uns pequenos versos de maneira totalmente improvisada. Resultou unha dinámica chulísima!
Tamén fixemos outras actividades. Por exemplo, o alumnado de 5º e 6º cantaron unha cantiga tradicional galega, os rapaces e rapazas de 3º e 4º recitáronnos uns poemas ou o alumnado de 2º que, aproveitando a obra que prepararon no club de lectura, decidiron contarlla aos compañeiros e compañeiras. E, como non podía ser doutro xeito, tamén houbo un oco para os chistes e refráns.
Como última actividade, os nosos e nenas sorprendéronnos bailando a Global Muiñeira!

Xa para darlle o peche ao reto repartimos como tódolos anos as camisetas aos premiados. Sen embargo, este curso había un pequena sorpresa pois todo o alumnado recibiu unha pulseira pola súa participación e implicación.
Por aquí vos deixamos o calendario coa nosa organización.


VÉMONOS O ANO QUE VEN

APERTAS

CASTAÑÓN







Ningún comentario:

Publicar un comentario