Obradoiro: recuperando o entroido de Aguasantas!

 OLA RAPAZADA!

Hoxe tivemos unha xornada chea de aprendizaxe e cultura cun obradoiro no que coñecemos máis sobre o entroido de Aguasantas.

Hoxe o noso alumnado coñeceu de primeira man unha das tradicións máis populares do noso concello: o entroido de Aguasantas. 

Grazas a este ratiño o noso alumnado coñeceu algunhas das personaxes máis importantes: "madamitas/os, o lanceiro, das vellas/os, os maragatos...". Ademais, ensinarónnos algúns dos elementos típicos das súas vestimentas como as caretas ou os sombreiro. 

E xa para rematar fixeron a súa propia careta con elementos da natureza, fíos...

Por aquí vos deixamos o cartel para que vaiades e disfrutedes do noso entroido.


APERTAS

CASTAÑÓN


Ningún comentario:

Publicar un comentario