Día de Rosalía de Castro

 BOAS RAPAZADA!

Como xa sabedes, o 23 de febreiro conmemoramos a unha das escritoras galegas máis importantes: Rosalía de Castro.

Este ano a nosa actividade para conmemorar a Rosalía de Castro foi visibilizala como unha superheroína. Para iso, cada curso traballou sobre as súas obras e escolleu o poema ou estrofa que máis lles gustaba para despois recitalo e colocarllo así na súa capa.


Rosalía foi toda unha referente pois nas súas obras non só denunciou as inxustizas que sufría o pobo galego, senón que tamén defendía a importancia de respetar os pensamentos e sentimentos dos demais entre moitas outras cousas, sen esquecer que grazas a ela recuperouse a identidade de Galicia: a nosa cultura, historia, tradicións e, especialmente, a nosa lingua.
Por isto e moito máis Rosalía é unha verdadeira superheroína que merece ser recoñecida como tal no noso PDI: Carballedo, escola de superheroes.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario