Coñecemos o entroido de Xinzo!

 OLA RAPAZADA

Despois de coñecer o entroido de Aguasantas hoxe foi a quenda dun dos entroidos máis importantes de Galicia: O ENTROIDO DE XINZO.

Aprenderon que se trata do entroido mais longo da península; nada mais e nada menos que 5 domingos de troula.

Comezando polo fareleiro onde as prazas da vila se tinguen de branco mentres veciñas, veciños e visitantes participan nunha batalla de fariña e farelos.

A seguinte parada, o Oleiro, día no que as olas de barro voan polos aires nun o entretido xogo que ten lugar nas prazas da localidade.

O terceiro domingo, o corredoiro, é o primeiro día que as Pantallas se deixan ver polas rúas.

Logo chega o esperado Entroido, onde durante cinco días de ininterrompida festa as rúas da vila se enchen de cores, música, baile e moita retranca e que rematan co enterro da sardiña.

Finalmente, o domingo de Piñata pon o broche final a esta festa de interese turístico internacional.

Para rematar, o alumnado descubriu de primeira man a personaxe principal do entroido de Xinzo: as pantallas. Aprenderon as partes das que se compón o traxe: zapatos negros, pantalón e camisa de liño branco, faixa nos cadrís para protexerse do cinto de campás, pano atado ao pescozo e capa adornada con lazos de cores así como a máscara tan característica do traxe tamén chamada pantalla.

Ademais, algún tivo a sorte de probar o traxe e correr polas aulas do cole facendo soar as campás e golpeando as vexigas que as pantallas levan na man.

Viva o Entroido!

CASTAÑÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario