CLUB DE LECTURA DE ADULTOS/AS
Queridas familias, como xa sabedes continuamos co noso club de lectura de adultos. Este curso está sendo moi activo pois soamente no primeiro trimestre lemos máis de tres exemplares.
Durante as lecturas fixemos varios encontros nos que intercambiamos as nosas opinións persoais, comentamos que aspectos nos gustaron máis e tamén expresamos experiencias propias relacionadas co lido.
Ademais, tivemos a gran sorte de ter un encontro con Azucena Arias, autora do libro "O que agacha a equipaxe". Un encontro no que se compartiron impresións sobre a súa obra e se lle fixeron cuestións que axudaron a profundizar máis sobre a historia e a entendela dende outra perspectiva.
Nesta última xuntanza decidiuse tamén o primeiro libro que leeremos no segundo trimestre, sendo o escollido "A muller xabaril" de Fina Casalderrey.
VÉMONOS NA PRÓXIMA REUNIÓN.
APERTAS
CASTAÑÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario