Educación Física na Rúa

 OLA RAPACES E RAPAZAS!
A pasada semana foi moi divertida, fixemos un montón de cousas e, entre outras, celebramos como cada ano o Día da Educación Física na Rúa.

Este ano volvemos celebrar o Día da Educación Física na Rúa fomentando actitudes saudables como o é o deporte e para iso, aproveitamos a Praza da Chan, un espazo que temos ao lado do cole e que nos encanta.

Alí, alumnado e profesorado rotou por diversos xogos que propuxo a rapazada de sexto, quenes ademais foron os encargados de dirixir as actividades. A verdade é que saiu todo xenial.

Como vedes, a rapazada disfrutou dunha gran xornada de deporte e convivencia, promovendo hábitos saudables tal e como defende o ODS3: Saúde e Benestar. 

Saúdos

Castañón

1 comentario: