OLA RAPACES E RAPAZAS!
OUTRO ANO MÁIS DENDE O COLE FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO, CELEBRADO O 23 DE ABRIL.
Pois ben... durante a semana pasada o alumnado tivo que cumprir cunha serie de Castaretos polos cales obtiveron unhas cantidades de Castacoins e sabedes que é iso? A NOSA PROPIA MOEDA! Lóxicamente, estes retos teñen que ver cos diferentes obxectivos como o ODS3 ou o ODS12.
Despois, o alumnado dispuxo dun gran mercado con diferentes contos para todas as edades e tamén con diversidade de prezos polo que toda a rapazada puido mercar o seu conto e levalo para a casa.
E, para rematar a actividade, pasaron un bo rato lendo os contos mercados todos xuntos.
Unha actividade a través da cal non só fomentamos a lectura, senón tamén outras habilidades como o conteo, o manexo de castacoins e, sobretodo, observamos como os nosos nenos e nenas compartían as súas moedas para que outros puideran mercar algún ou incluso mercaban contos para regalarllos aos compis.
¡UNHA GRAN ACTIVIDADE!
Saúdos,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario